O goberno local coa organización do festival presentando o cartel nos xardíns do Concello de Moaña.

A vindeira fin de semana de agosto celébrase a sexta edición do Festival de Jazz de Moaña, un festival que se consolida como unha das mostras de jazz galego e internacional máis importantes da comarca.

Serán os días sábado 13 e domingo 14 de agosto, dúas noites de jazz nas que se poderá desfrutar de dúas grandes propostas musicais á beira do mar de Moaña.

Nesta nova edición apostouse por destacar os traballos de dous dos máis grandes saxofonistas que temos no país.

Así o sábado 13 de agosto estará Pablo Castaño presentando o seu proxecto “A-la-laa” onde ademais doseu cuarteto habitual, acompañarase no escenario da cantora Ugia.

Pechará o festival o domingo 14 coa proposta internacional de Fernando Sánchez, que convidará a tres xovens pero grandes músicos do jazz europeo como son Andreu Pitarch na batería, Tommaso Perazzo ao piano e Steven Willem Zwanink no contrabaixo.

Ambos concertos realizaranse un ano máis no Arboredo do Parque da Xunqueira, dando comezo ás 21h30.

Sesión vermú

Ademáis dos concertos nocturnos o domingo tamén poderemos disfrutar ás 13h dunha nova xornada musical neste fermoso parte.

Nesta ocasión será o trío do guitarrista Felipe Villar, que nos deleitarán coa súa música nunha sesión vermú á beira do mar.

Unha fin de semana fantástica para vir a disfrutar do mellor jazz, da praia e do sol das Rías Baixas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *