Os xabaríns mortos na autovía eta madrugada.

Un condutor viuse sorprendido esta madrugada pola presenza de tres crías de xabarín contra as que chocou cando conducía pola autovía do Morrazo, á altura de Broullón, en Moaña. Ocorreu ás 4:30 horas desta madrugada e, afortunadamente, non tivo consecuencias para o piloto do vehículo. Si para os tres xabaríns, que morreron polo golpe.

Ata o lugar desprazouse a Policía Local de Moaña, Garda Civil de Tráfico e un equipo de mantemento de estradas para limpar a zona e retirar aos animais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *