A reposición dun muro de pedra na Bouza Vella en Nerga, Cangas, mellora a seguridade dos peóns que transitan pola zona así como o tráfico rodado, xa que a presión sobre o antigo muro, que amparaba o desnivel, fixoo ceder existindo xa risco de derrube.
O Concello de Cangas recurriu a un contrato menor por un valor de 8.500 euros para darlle solución a un problema de inseguridade e de insalubridade xa que o entorno do muro estaba cuberto de maleza. O mencionado muro divide un desnivel na confluencia de dous camiños moi estreitos nun medio rural no que o ancho de vía é de 3 metros.
As obras levadas a cabo consistiron na desmontaxe do muro de rebos, previa limpeza e desbroce da zona. Abriuse unha zanxa para fixar unha cimentación onde apoiar as novas pezas de pedra, de cascote, cun encintado que contemplou respiros para o drenaxe das augas. A parte superior do muro formigonouse para evitar a proliferación de vexetación que poida danar o muro.