A Confraría de Pescadores "San Xosé" de Cangas.

Co obxecto de mellorar os servizos prestados aos/ás seus/súas afiliados/as, a Confraría de Pescadores “San Xosé” de Cangas presentou solicitude de axudas procedentes do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a substitución do actual equipo pórtico automotor ACOIN ATL 65, con máis de 20 anos de antigüidade e uso (construído en 2001) que xa aconsellaban un troco de equipo, por un novo guindastre de maior capacidade e prestacións, marca e modelo GH82 de 75 Tm,  cuxa fabricación se encargou á empresa GH.

Con data 19 de xullo de 2022, recibiu notificación da Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto “Guindastre pórtico automotor varadoiro Cangas”, presentado pola Confraría de Pescadores “San Xosé” de Cangas para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciados polo Fondo Marítimo e de Pesca (FEMP), por un importe de 338.000’00 €, que se distribuíron en dúas anualidades: 2022, 84.500’00 € e 2023, 253.500’00 €, polo que se atopa en marcha a construción do travelift  GH82 de 75 Tm, coa previsión de que se atope instalado e a pleno funcionamento en febreiro de 2023, no varadoiro do porto cangúes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *