Do 1 ao 31 de agosto o comercio local premia a fidelidade dos seu clientes. Utilizando a tarxeta de fidelización coas súas compras poderán participar no sorteo final de 500 euros en premios. Canto máis usen a tarxeta, máis puntos acumulan e terán máis probabilidades de gañar algún dos premios.

Utilizando a tarxeta do comercio local crean comunidade e contribúen á economía das nosas vilas. O Comercio do Morrazo anima a aqueles clientes que aínda non pertencen ao Club de Clientes do Morrazo a solicitar a súa tarxeta en calquera das empresas adheridas a esta iniciativa para probar fortuna, ou directamente a través da páxina www.comerciodomorrazo.com.

A campaña busca fomentar o uso de dita tarxeta que tan bos resultados está deixando entre a clientela do Morrazo, lembrándolle aos clientes que canto máis a utilicen, máis se fortalece ao comercio local. Por outra banda, con cada compra realizada nestes establecementos ao longo do ano, os consumidores acadarán descontos que se ingresarán nestas tarxetas en forma de saldo que poderá ser canxeado en calquera das empresas adheridas.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí