Goberno local, portavoz do PP e responsables da protectora do Morrazo na presentación do evento.

Chega a VI Feira de Adopcións de Moaña os días 3 e 4 de setembro na contorna do palco da música na que participarán 15 protectoras. Haberá diversas actividades coma a proxección solidaria de curtas que terá lugar no Salón de plenos do Concello de Moaña, así como un photocall solidario de “peludos”.

Como é habitual neste evento cada protectora terá o seu posto para mostrar a toda xente os animais que ten ao seu cargo e a loita diaria para atoparlles fogar.
O domingo realizarán o seu tradicional paseo cos cans e cadelas das diferentes protetoras e o seu “famoso” desfile de cadeliños/as que están en adopción. Haberá, ademáis, un sorteo ao rematar o evento, no que poderedes conseguir unha cesta de froitas cedida por un establecemento de Cangas.

Haberá un punto de recollida solidaria de correas, arneses, comida húmeda, pienso, desparasitacións y demás donacións que logo se repartirán entre las diferentes protetoras que participan nesta feira.

Tamén dispoñerán de camisetas solidarias para recaudar diñeiro a repartir entre cada protectora.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *