Imaxe do encontro mantido este mércores na Casa da Mocidade de Moaña.

O Grupo de Participación Infantil e Xuvenil de Moaña prepárase para o Encontro Estatal de Consellos da Infancia e da Xuventude. O grupo, composto por mozas e mozos da localidade, comezou este mércores á tarde para planificar a súa intervención para o encontro de Consellos estatal, que este ano se celebrará os días 4,5 e 6 de Novembro en Cáceres.

Nenas, nenos e adolescentes de todo o país pasarán unha fin de semana traballando en conxunto para preparar as propostas que trasladarán ao goberno central sobre as temáticas de; medio ambiente, saúde mental, educación, desigualdade e pobreza e seguimento dos ODS.

A vindeira reunión celebrarase o día 7 de setembro, ás 17:30h na Casa da Mocidade. Dende a concellería responsable que dirixe Xosé Daniel Costas, fan un chamamento á participación. «Aínda estás a tempo de unirte e traballar con xente da túa idade para construir unha Moaña máis amigable coa Infancia e a Adolescencia!», manifestan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *