O interior dunha vivenda situada entre Sanchilán e Rialdarca, en Moaña, quedou calcinado despois do incendio que tivo lugar esta tarde e que conseguiu sufocarse pouco tempo despois. Ata o lugar achegouse en primeiro lugar a Policía Local e os Bombeiros do Morrazo.
Segundo os axentes, esta vivenda é frecuentada por adolescentes.