A Comunidade de Montes de San Xulián denuncia diversos actos de vandalismo e desfeitas en varias áreas recreativas da parroquia. Por unha banda a subtracción de varios bancos de granito que estaban situados no merendero da zona do Pituco á beira da estrada que comunica con Salcedo e Figueirido, xunto á entrada da circunvalación, que tiveron que ser substituídos por outros de máis volume e consistencia, para que sexa difícil levarllos. Ademais de varios danos na fonte e papeleiras que estaban situadas no mesmo lugar ocasionando gastos de reparación e substitución a cargo da Comunidade de Montes. Tamén no mesmo lugar tivo que ser retirado un contedor de carga lateral que puxera o concello de Marín xa que non se respectaba a hixiene no lugar e acumulábase moito lixo fose do mesmo.
O último episodio tivo lugar a fin de semana do 19 de novembro cando rebentaron por segunda vez a billa da fonte situada no antigo campo de futbol do Pituco, ocasionando que a auga estivese vertiendo seguido ata que os membros da comunidade de montes decatáronse do suceso.
Os feitos están comunicados á Policía Local e Nacional de Marín e desde a comunidade de montes de San Xulian agradecen o bo trato recibido polo cal desde ambos os corpos e anuncian que incrementasen a vixilancia pola parroquia. Tamén se solicita a colaboración cidadá que en moitos aspectos é moi importante para resolver este tipo de actos vandálicos.