A piscina municipal de Marín.

A Deputación a través do Plan Concellos 2023 concedeu ao Concello 600.000 euros. A renovación irá dende a cuberta e fachada ata os vestiarios e o ximnasio

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vai aprobar este vindeiro venres unha importante achega para Marín por importe de 604.371 euros, ao abeiro do Plan Concellos 2022-2023, con destino ás obras de mantemento e conservación da piscina municipal.

Este “potente proxecto”, como destacou hoxe a presidenta provincial, Carmela Silva, contempla unha serie de actuacións sobre as fachadas, cubertas, estruturas metálicas, o interior dos vestiarios e o ximnasio, de cara a mellorar e preservar este equipamento municipal. Retirarase amais equipamento fóra de uso.

Deste xeito, a actuación contempla a reforma da cuberta, así como a renovación do lucernario, e a habilitación dunha nova fachada translúcida de policarbonato celular. Amais, acometerase a limpeza de fachadas exteriores, a reparación da carpintería exterior de acceso, executaranse diversos reforzos estruturais e reporanse así mesmo elementos danados nas bancadas. Por outra banda, levaranse a cabo tamén reformas nos vestiarios e no ximnasio, onde se substituirá a tarima de madeira por un solado de baldosa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *