A iniciativa vai dirixida a alumnado de 3 a 10 anos e dividirase en catro categorías
O Concello de Vilaboa convoca un Concurso de Postais de Nadal para escolares, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos e no que haberá catro categorías, atendendo á idade dos participantes. Os rapaces e rapazas poderán entregar os seus traballos vía email a través do correo info@vilaboa.org ata o 20 de decembro ou de xeito presencial na Casa de Cultura de Riomaior, nos centros educativos do municipio ou no propio Concello. O fallo darase a coñecer o día 21 a través da web e as redes sociais.
O xurado, integrado por membros do Concello de Vilaboa, valorarán a creatividade, orixinalidade e boa interpretación do tema do concurso, así como as habilidades gráficas demostradas acorde á idade do participante.
Cabe recordar que continúa aberto, ata o 7 de decembro, o prazo para participar no Concurso de Decoración de Nadal que este ano promove a dinamización de barrios e rúas convidando á veciñanza a crear grupos creativos cos que ambientar espazos públicos, viais, ou recunchos próximos.
Esta iniciativa de dinamización do entorno rural terá unha única categoría de participación, a colectiva e o xurado valorará a utilización de material de refugallo para crear a ambientación navideña. Haberá tres premios, dotados con 200 euros cada un. Premiarase a creatividade; a sensibilidade co medio ambiente e a decoración sostible eo espíritu de Nadal reflexado na colaboración entre a veciñanza e o traballo en equipo
e recuperando os valores de barrio.