Cangas acollerá este ano o Salón do Cómic entre o 19 e o 25 de xullo tras o parón do ano pasado polo Cóvid. “Esta forzada prórroga que todas e todos sufrimos, fai que esta edición sexa máis desexada e, sobre todo, máis necesaria”, di a organización.

Este ano contarase coa colaboración de Susy Broullón para a preparación do cartaz, unha ilustradora e creadora gráfica canguesa que se moveu con éxito polo mundo do manga español e agora pola industria dos videoxogos, participou de cativa con notable éxito nas nosas diferentes competicións de cómic, demostrando un enorme talento.

Como en cada edición, buscouse autores/as que representen cómics e ilustracións
actuais para mostrar os seus traballos na nosa exposición. Nesta ocasión contase con figuras destacadas como:

Leandro Barea, autor de Lugo cunha gran versatilidade e que destaca polo seu
humor sarcástico e os seus gráficos sintéticos e directos.

Ana Oncina, procedente de Alicante, quen acadou un grande éxito cos seus personaxes Croqueta e Empanadilla, aínda que actualmente o seu traballo abrangue diversos ámbitos da sociedade actual, representando con sutileza e sensibilidade á muller do noso tempo.

Javier Olivares, de Madrid, Premio Nacional de Cómic en 2015 con Las Meninas, chega este ano cunha mostra do seu traballo La Cólera, a súa proposta máis recente e coa perspectiva de obter o mesmo éxito que co seu traballo anterior.

Santiago Sequeiros, que vive actualmente en Almería, é o artista total. Un debuxante cun estilo rotundo, que este ano nos regalou unha esperada obra “Romeo muerto” cuxas espectaculares páxinas teremos o privilexio de admirar na nosa exposición.

Esta exposición colectiva poderá verse no Auditorio Municipal con todas as medidas de seguridade sanitaria e o control de capacidade debido á Covid.

Na fin de semana do 23 ao 25 de xullo poderase coñecer aos autores e autora nas charlas organizadas.

Ademáis, como en edicións anteriores, haberá obradoiros infantís para nenos e nenas onde se lles explican as nocións básicas de técnica de banda deseñada e nos que seguro se divertirán debuxando aos seus personaxes favoritos. Dende o Concello de Cangas recomendan inscribirse na Casa da Xuventude para participar nos obradoiros.

Durante a semana, proxectarase películas relacionadas coa banda deseñada e a
animación, para as que se deben recoller as entradas na Casa da Xuventude de
xeito gratuíto. No programa aparecen tódalas películas e as horas de proxección.
Atoparase toda a información e novas diariamente nos perfís de Facebook e
Instagram.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí