O alcalde, César Poza, entregou os premios nun acto no que emplazou aos asistentes a apostar polo producto local e promocionar a calidade dos viños da contorna
A IX Festa do Viño de Vilaboa evidenciou durante a fin de semana a calidade dos caldos elaborados no municipio e na contorna e converteuse nun excelente escaparate para promocionar e dar a coñecer o traballo tanto das adegas adscritas á IXP Ribeiras do Morrazo como dos viticultores locais.
O goberno local, promotor do evento, confía en que cada vez se sumen máis expositores a unha Festa que busca por en valor a produción local e defender os valores artesanais das producións pequenas. Carmen Gallego, concelleira de Promoción Económica, destaca a profesionalidade do panel de cata, integrado nesta edición da Festa por profesionais do sector vitivinícola, sumillers e persoas de relevancia a nivel galego no mundo do viño.
A Festa contou con dúas catas, una da IXP Ribeiras do Morrazo, que otorgou dous ouros para Adega Ardán de Marín e para Adega dos Areeiros de Vilaboa; e dous bronces, un para o albariño Quereres do Hío, da adega Videiras do Mar de Cangas e outra para o godello Cen Polas, da adega Reboraina, en Redondela. Nos tintos, a cata da IXP Ribeiras do Morrazo otorgou dous ouros aos viños Porta do Conde (caíño) da adega Ardán e a Adega Areeiros (mencía, caíño e sousón); mentras que o bronce foi para Viñas del Monasterio, un viño elaborado no mosteiro de Poio. As mencións da cata dos viticultores foron en blancos para Manuel Conde Conde e para Manuel Collazo, e nos tintos para Jesús Amoedo.
Os premios e mencións foron entregados no recinto da Festa, en Riomaior, polo alcalde de Vilaboa, César Poza, e o pregoeiro da mesma, Terio Carrera, nun acto sinxelo no que o rexedor municipal emplazou aos asistentes a apostar polo produto local, a poñer en valor as adegas da contorna e a calidade dos seus viños. “Si coa Festa do Mar que celebramos o mes pasado comprobamos que o nivel do noso produto e do sector hostaleiro e gastronómico é moi alto, esta Festa do Viño evidencia que Vilaboa tamén ten moito que decir no mundo do viño. Desde o Concello seguiremos a traballar conxuntamente cos viticultores e as adegas locais para consolidar este evento como un expositor de calidade que contribúa a abrir mercado”.