As madáns e os galáns no Encontro.

Cinco grupos galegos e de Portugal participan no evento organizado pola Asociación Cultural Cobres para poñer en valor o patrimonio cultural

As cores, danzas e vestimentas típicas do carnaval enchen esta tarde as rúas de Riomaior, en Vilaboa, con motivo da celebración do IV Encontro de Entroidos, unha cita que xa conta con certa tradición a pesar do parón obrigado pola pandemia.

Cos ritmos e ambientes festivos típicos do Entroido comezou un Encontro no que este ano participarn o Fulión e Boteiros de Viana do Bolo; os do Rancho de Entroido da Feira (Salceda de Caselas); as Bonitas de Sande (Cartelle); as Pitas de Eiroas (Ourense), Os Caretos de Lazarim (Portugal); as Madamas e Galáns de Cobres (Entroido anfitrión do evento) e os Veteranos do Entroido de Cobres.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, xunto a directivos da Asociación Cultural Cobres, recibiu a cada un dos grupos en Riomaior, a onde chegaron despois de facer un pequeno pasarrúas e onde fixeron unha pequena exhibición dos seus traxes tradicionais e das súas danzas, xa que un dos obxectivos deste Encontro é promover o coñecemento do patrimonio cultural existente arredor do entroido.

Así, explicaron que a orixe do Rancho de Entroido da Feira, en Salceda, está na loita entre os barrios da Feira e do Barreiro, barrios que están separados por tan só por un regato a carón do cal se escenifica, no entroido, unha loita carnavaleira. (1888). Dous danzantes loitan por conseguir a unha dama, nunha competición por ver quen resulta o mellor bailarín. A dama, representada por unha nena, será a encargada de elixir o gañador, obsequiarao cunha ribeirá que bailará en exclusiva con él.

No caso de Bonitas de Sande (Cartelle) a orixe está na Guerra de Filipinas, da que os combatientes traían con eles os afamados mantóns de Manila, que se pedían prestados para vestir nos días de Entroido. “O nome ven dado porque a xente antes vestía de calquera maneira, con roupa vella. Ver aparecer estas figuras, ben traxeadas, en contraposición ao que estaban acostumados eran “Bonitas”. Apuntan tamén a curiosidade de que o nome sexa feminino.

O Fulión e Boteiros de Viana do Bolo ten a súa orixe no século XX. Dúas figuras importantes, o boteiro, emblemático, baila e efectúa saltos apoiándose na monca. A súa máscara é unha xoia de artesanía, xa que non existen dúas iguales, a súa principal función é infundir medo. Son os encargados de abrirlle paso ao fulión O fulión é a comitiva que desfila polas aldeas facendo soar un ritmo monótono con aparellos de labranza e instrumentos de percusión.

Pitas de Eiroas (Ourense) ten a súa orixe nos anos 50. Famoso pola súa
máscara, con forma de galiña pintada de branco e negro pola parte dianteira e pola parte traseira cada persoa realiza un debuxo relacionado coa natureza ou co matrimonio. Na parte superior atópase o pescozo da pita, con plumas de vivas cores.

Caretos de Lazarim, en Portugal, son coñecidos polos Caretos (máscaras tradicionais esculpidas en madeira de aliso) en forma de demo que percorren a pequena aldea de Lamego (norte de Portugal) dando vida a rituáis e travesuras que veñen repetíndose dende fai tempos moi antigos. As máscaras que poden chegar a pesar ata máis de 4 kilos.

E por último as Madamas e Galáns de Vilaboa, que diversos escritos sitúan incluso antes do século XVIII. Está declarado Festa de Interese Turístico desde 1999.

As Madamas e Galáns son as personaxes principais, danzando xotas e muiñeiras e percorrendo as rúas do concello de Vilaboa, durante os 4 días de Entroido. A súa vestimenta chea de cor, fai que sexa un dos Entroidos máis vistosos e atractivos de Galicia e un dos poucos que non emprega máscaras, xa que o obxectivo é presumir. Por iso utilizan tantas xoias e abalorios para decorar os traxes.

A posta en valor da riqueza patrimonial do Entroido a través dun evento lúdico e festivo é o obxectivo deste IV Encontro que contou no seu programa cun concerto do grupo Dakidarría e actuación do DJ Gabry, encargado de pechar a festa.

Antes do inicio do Encontro tivo lugar a inaguración oficial dos murais feitos pola artista local Alba Troiteiro, que convertiu as columnas da autopista á altura de Riomaior nunha Madama e nun Galán. Ambas creacións artísticas teñen 20 metros de alto por 5,5 de ancho e Alba Troiteiro foille dando forma pouco a pouco ata convertilas nunha peza de arte urbano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *