Fecimo presenta a campaña de dinamización «Date unha volta polo comercio do Morrazo» coa que os clientes terán a posibilidade de conseguir premios a través das súas compras ou servizos nos establecementos asociados.

Esta campaña xogará coa idea de visitar o comercio local dando unha volta polo mesmo e asociándose ao sistema de asignación de premios que consistirá nunha ruleta comercial onde o cliente por cada tirada poderán gañar ou non, algún dos premios da campaña.

Nesta iniciativa, que terá lugar do 3 ao 22 de outubro, os clientes que desexen participar, obterán unha pegatina por cada compra ou servizo maior de 10 euros en calquera dos establecementos do comercio do Morrazo. Cada establecemento disporá de pegatinas cunha numeración determinada.

Ao completar un dos cartóns con tres pegatinas de tres establecementos distintos, os clientes obterán un pase para realizar unha tirada na ruleta do comercio local, e poder así, se a sorte os acompaña, acceder a fantásticos premios. Para conseguir os premios, instalarase dita RULETA en cada localidade para que as persoas clientas se acheguen cos seus cartóns completos e a fagan xirar.

LOCALIZACIÓN DA RULETA:
Luns, 17 outubro en Bueu – Praza do Concello (16:30h – 20:30h)
Martes, 18 outubro en Cangas – Eugenio Sequeiros – Praza Constitución (16:30h – 20:30h)
Mércores, 19 outubro en Moaña – Paseo marítimo – Entorno Praza Abastos – Parque infantil (16:30h – 20:30h)
Xoves, 20 outubro en Cangas – Eugenio Sequeiros – Praza Constitución
(10:00h – 14:00h).
Venres, 21 outubro en Moaña – Paseo marítimo – Entorno praza – Parque
infantil (10:00h – 14:00h).
Sábado, 22 outubro en Bueu – Praza do Concello (10:00h – 14:00h).

Esta campaña está organizada por FECIMO a través das súas asociación locais ACIBU, ACICA E ACIMO, cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e conta coa colaboración de ABANCA.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *