Un control na rotonda do Concello de Moaña.

A Policía Local de Moaña informa de que para evitar ser detectados polos grupos de WhatApps e o resto de redes sociais levarán a cabo as fins de semana controles rotativos en distintos puntos do municipio, tanto no centro como tamén nas parroquias.

Esta fin de semana xa comezaron con esta campaña de prevención no centro urbano, onde impuxeron catro denuncias administrativas por alcol e sancionaron a un local por incumprimento de horario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *