Zona do paseo onde caeu o home.

Un veciño de Moaña de 65 anos tivo que ser trasladado esta mañá ao hospital Povisa en ambulancia tras caer cando camiñaba xunto a un amigo polo Paseo de Seara, cerca do monumento aos mariñeiros.

Ocorreu ás 10:30 horas e, aínda que nun primeiro momento foi atendido no centro de saúde, finalmente foi derivado ao hospital de Vigo. Recibiu un forte golpe na cara.

Outra persoa tamén caeu hoxe no porto de Meira ainda que neste caso por motivos de saúde.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *