O coidado das praias e de todo o vial que as percorre é unha competencia que se coida ao longo de todo o ano. De feito, tal e como informou esta mañá a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, esta semana veñen de rematarse os traballos de posta a punto de todo o vial e das praias, incluindo a limpeza e o mantemento.
Este traballo, que sempre se realiza para limpar os desperfectos que poden causar os temporais invernais, foi levado a cabo polo personal da Fundación Juan XXIII, unha mostra máis do compromiso que o Concello ten coa inserción laboral das persoas con discapacidade e da importancia de xerar oportunidades de emprego nas que poidan desempeñar a súa valía profesional e acumular experiencia profesional de cara á súa vida laboral.
Por outra banda, tamén se iniciaron recentemente os traballos de poda das árbores. Os operarios da empresa Buxos Verdes estaban esta mesma mañá actuando nos exemplares que adornan o tramo do Paseo de Portocelo e continuarán traballando ao longo dos próximos días.