O concelleiro de Tráfico na zona 2H na Avenida de Ourense.

As festas do Nadal supoñen un aumento dos desprazamentos e da afluencia de xente no casco urbano de Marín, tanto polo volume de compras que se realiza no comercio local para adquirir os agasallos de Nadal como pola asistencia á gran cantidade de actividades que se programan desde o Concello ao longo destas semanas.

Neste contexto, a ampliación da Zona 2H que levou a cabo o Goberno local nos últimos meses para poder habilitar un maior número de prazas de estacionamento con capacidade de rotación está a funcionar “como unha ferramenta moi efectiva en momentos de alta densidade de tráfico como estes”, aseguraron fontes do Goberno local.

A estratexia da Zona 2H, enmarcada no Proxecto MARES (Marín Estacionamento), permite á veciñanza e aos visitantes deixar o coche durante dúas horas, sen coste algún, nas principais vías do municipio, tempo abondo para realizar xestións, compras e consumir na hostalaría local.

Esta é unha das patas que conforman MARES, xunto cos aparcadoiros públicos gratuitos que, ao longo de todo o casco urbano, chegaron a superar as 600 prazas de estacionamento de nova creación habilitadas nos últimos anos. “Esta opción é a máis axeitada para aqueles que precisan deixar o seu vehículo durante máis tempo porque a súa estancia na vila é máis larga, ben por motivos laborais ou de ocio”, precisan desde o Concello.

O Goberno local considera que con estas dúas estratexias reordenouse dun xeito efectivo o espazo urbano, tratando de optimizalo o máximo posible e xerando unha rotación que favoreza o estacionamento de todas as persoas que visitan Marín nestas data

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *