Celebración do 40 aniversario da Fundación Menela. FOTO: Autismo España

A escolarización dos nenos e nenas sempre é unha cuestión complexa, un proceso longo no que non todo o alumnado se adapta do mesmo xeito. Pero no caso daquelas crianzas que padecen algún tipo de TEA (trastorno do espectro autista), esta inclusión na vida académica pode ser aínda máis complexo.

Por eso, desde a Fundación Menela, e coa colaboración do Concello de Marín, ofrecen un faladoiro específico para familias que teñen escolarizados nenos ou nenas con TEA, para poder tratar con elas estratexia e recursos que poden aplicar na casa, en relación á conducta, a comunicación a incentivación da autonomía destes rapaces e rapazas e ao desenvolvemento das actividades máis comúns e esenciais da vida diaria.

A charla será na Biblioteca Pública Vidal Pazos o xoves 26 de enero, de 10.00 a 13.00 horas, e a inscripción á mesma xa foi enviada aos pais e nais dos centros educativos de Marín. Ata o momento, xa hai 24 familias inscritas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *