O Auditorio de Cangas xa ten nome: Xosé Manuel Pazos Varela. Desde esta tarde, nun emotivo e festivo acto, descubríronse as letras que rezarán eternamente na fachada do edificio polo que tanto loitou o exalcalde. Comezou ás 20:00 horas en plena rúa, cunha avenida de Lugo ocupada por familiares, amigos e veciños que non querían perderse este momento. Tamén pola Banda de Gaitas Tromentelo.
E coa súa música, Pazos pasou ao escenario. Sobre el, música galega, unha breve representación da súa querida María Soliña e ata baile arroupados coa súa gorra. Xosé Manuel estivo presente en todo momento. Tamén en boca dos seus compañeiros de batalla en política, os alcaldes de Moaña e Bueu.
En representación da familia, a súa viúva, que agradeceu este nomeamento coma se os propio Pazos fose testemuña directa de semellante calor do seu pobo. Fíxoo tras recibir un ramo de flores de mans da súa sucesora, a alcaldesa de Cangas, Vcitoria Portas.