Portas visitando ás obras.

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, amósasesatisfeita polo compromiso acadado coa Deputación de Pontevedra para acometer unha actuación de mantementona Avenida de Lugo, nun tramo concreto no que desde o ano 2018 se rexistran continuos episodios de anegamento.

O Concello de Cangas remitiu á Deputación, entidade titular da estrada, diversos informes realizados por Protección Civil e a Policía Local no que se recollen as recurrentes inundacións das vivendasdun tramo do vial e nos que consta que ainda que as precipitacións sexan moderadas os danos e desperfectos son constantes, ao igual que as necesarias intervencións dos servizos de emerxencias.

Tramo da intervención

A alcaldesa de Cangas supervisou a situación do vial con técnicos da Deputación suxeríndolle actuacións no vial como a limpeza das cunetas e sumidoiros pluviais, o desprazamento dos contenedores do lixo para facilitar que circule a auga da chuvia pola beirarrúa e a apertura dunhacanle provisional para aliviar a auga da estrada cara o río.

Á altura do número 90 a alcaldesa de Cangas solicitoutamén a colocación dunha canle provisional no paso de peóns elevado, que faga de bloqueo a auga e alivie pola beirarrúa evitando as inundacións nese bloque.

A Deputación de Pontevedra xa comezou a realización destes traballos, que desenvolverá de xeito paralelo aos que xa ven acometendonesta vía, desde a Avenida de Lugo ata o cruce de A Boubeta, en Coiro para a dotación de recollida de pluviais para rematarse as inundacións e pasos elevados para a pacificación do tráfico rodado. Traballos que xa comezaron e que se atopan en avanzado desenvolvemento. Esperamos que ditas obras den por finalizado as inundacións da zona e permitan a convivencia da veciñanza en épocas de moitas choivas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *