Autoridades e técnicos supervisando a maquinaria.

O alcalde, César Poza, supervisou a nova maquinaria que usará a empresa adxudicataria do servizo no que Vilaboa investirá un millón de euros

O Concello de Vilaboa adxudicou ao Grupo Canalis o servizo de saneamento e mantemento da rede municipal incluíndo o control das estacións de bombeo, das canalizacións así como a resolución das deficiencias que presente a rede
nos vindeiros catro anos.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, supervisou a maquinaria que utilizará esta empresa para o desenvolvemento destas tarefas nunha xornada de presentación á que acudiu o director xeral de servizos tecnolóxicos da empresa adxudicataria, Rodrigo González Pazos.

Equipos especializados na inspección interior de tuberías e sistemas de localización e posicionamento GIS servirán á empresa para auditar o estado actual da rede de saneamento, un traballo para o que tamén utilizarán diferentes vehículos de limpeza con recirculador de augas así como distintos robots de fresado interior de tuberías para as limpezas máis exhaustivas e localizadas.

“Trátase dun elevado orzamento que imos asumir en solitario e confíamos en que os responsables de Augas de Galicia así o valoren e non haxa atrancos. Estamos a falar dun servizo básico que en Vilaboa conta cun 91 quilómetros de colectores, na súa maior parte de tipo unitario, e que é preciso revisar con detenimento”. César Poza ten claro que esta actuación non só é imprescindible pola repercusión que terá na calidade de vida dos veciños senón tamén polo compromiso xeral co respeto ao medio ambiente.

O sistema de saneamento do Concello de Vilaboa está formado por canalizacións e colectores xerais de rede de sumidoiros, de diferentes materiais. Se estima que existan na rede uns 1.500 pozos de rexistro, con diámetros que van desde 200 mm hasta 315 mm.

Na zona urbana do Concello existen redes separativas de augas pluviais e fecais, aínda que nalgúns casos estas redes volven xuntarse. Nas rurais non hai redes separativas.

O termo municipal está dividido en tres concas: a norte comprende as parroquias de Bértola e Figueirido, vertendo as súas augas á rede de Pontevedra; a leste as parroquias de Figueirido e Vilaboa, vertendo as súas augas á EDAR de Arcade e a sur inclúe a Santa Cristina e San Adrián de Cobres, vertendo as súas augas á EDAR de Riomaior.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *