O goberno local recorda que a súa conexión á rede de saneamento está prohibida e convida á veciñanza a respetar e coidar o medio natural
O Concello de Vilaboa pon en marcha unha campaña informativa e de concienciación cidadá para evitar que a veciñanza conecte as augas limpas da chuvia á rede municipal de saneamento. O obxectivo é previr colapsos na rede que derivan en desbordamentos e verquidos evitables. Esta campaña reforza o
novo contrato de limpeza da rede licitado polo Concello e que pretende evitar desbordamentos durante os meses de inverno.
A través de carteis informativos, que poderán verse nas dependencias institucionais de Vilaboa e se difundirán a través das redes sociais do Concello, o alcalde recorda que o Plan Xeral de Ordenación Municipal prohibe expresamente a conexión das augas pluviais coa rede de saneamento e recorda que no caso de que non existan canalizacións separadas para cada tipo de auga, as da chuvia deben xestionarse dentro da propia finca particular, ben cara espazos libres axardinados ou cara un pozo filtrante instalado no propio terreo.
Dende a Alcaldía de Vilaboa apuntan que os graves danos que se producen na rede de saneamento a causa da sobrecarga que experimenta cando chove leva ao goberno local a adoptar medidas sancionadoras con quenes incumpran a normativa. “Sabemos que esta é unha practica habitual e queremos que os veciños e veciñas de Vilaboa sepan os danos xerais que produce e que boa parte das vertedurías da rede de saneamento débense á sobrecarga á que a someten con esta costume ilegal”. Ainda que César Poza non dubida de que a normativa é coñecida pola veciñanza confía en que esta campaña infomativa contribúa a unha maior concienciación e a buscar alternativas para as augas limpas. “Dentro dun ano encantaríame decir que este problema se solventou sen tramitar ningún expediente sancionador; confío en que pouco a pouco avancemos no respeto e no coidado do medio ambiente”.