Reunión do PP de Vilaboa coa Confraría de Pescadores.

O portavoz municipal do Partido Popular de Vilaboa, Alberto Acuña, pide ao alcalde, César Poza, que «faga cumprir o acordo que fixo sacar adiante o orzamento do ano 2021, onde os populares votaron a favor a cambio de axudar ás entidades do municipio, entre elas á Confraría de Pescadores á que ían entregarlle 10.000 euros para a repoboación e recuperación dun sector do que dependen 120 familias do municipio.

«Denunciamos que se está incumprindo o acordo», critican e acusan o goberno local de non estar á beira da Confraría «desde hai anos».

Acuña espera que o executivo municipal tome nota desta denuncia publica e entregue o diñeiro porque de non facelo nos próximos meses pasase a ser remanente non executado do orzamento 2021.

O portavoz popular lembra que “moitas das propostas aceptadas para os orzamento municipais xa estaban incluídas no programa electoral dos populares”, motivo polo que o PP facilito a aprobación do orzamento. «E seguimos nesa liña de ser construtivos e sumar ante a fraxilidade e inacción do goberno», manifestan.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí