Reunión do goberno local coa hostalaría de Vilaboa en novembro.

Un total de 26 establecementos locais poderán beneficiarse desta convocatoria

Un total de 26 establecementos de hostalaría, entre restaurantes e cafeterías, poderán optar ás axudas directas a este sector que entregará o Concello de Vilaboa e que xa se poden solicitar trala publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra das bases reguladoras.

O Concello destinará 25.000 euros a estas axudas que buscan respaldar ao sector trala redución de actividade ao remate da tempada de verán e cada establecemento beneficiario poderá recibir ata un máximo de 1.500 euros. A administración local non descarta ampliar a partida no caso de ser necesario.

Autónomos e pequenas empresas con ata 10 traballadores poderán solicitar a través da sede electrónica ou presencialmente no Rexistro municipal a concesión desta axuda para a que deben cumprir determinados requisitos, entre os que destaca ter permanecido pechado nalgún momento por mor das restriccións derivadas da pandemia ou contar coa perceptiva licencia municipal para exercer a actividade.

Os solicitantes, que teñen as bases reguladoras desta subvención e máis o modelo de solicitude da mesma á súa disposición na web do Concello, teñen que xustificar o importe da axuda mediante facturas abonadas a través de transferencia bancaria.

Algúns dos conceptos que cubre esta axuda son os gastos de suministros como auga, luz ou saneamento; os salarios do persoal contratado en plantilla; facturas de proveedores ou gastos financieiros derivados do exercicio da actividade

O cobro desta axuda conleva a obrigatoriedade de manter o establecemento hostaleiro aberto durante os vindeiros 12 meses.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *