O goberno local leva ao pleno ordinario desta tarde, 5 de agosto, o contrato de suministro eléctrico que suporá un aforro anual superior a los 150.000 euros anuais. Trala realización dun estudio sobre a situación do contrato de electricidade das dependencias e instalacións municipais do Concello, o goberno local acordou prorrogar o Acordo Marco de Suministro de Electricidade da FEMP a través da comercializadora Naturgy, cuias novas tarifas e condicións deben ser ratificadas antes do 31 de agosto.
As novas condicións da compañía eléctrica supoñen un aforro global anual de 147.398 euros, un aforro ao que sumará a optimización do alumeado público no que moitas fases foron xa dotadas con iluminación led de baixo consumo, medida que o goberno local espera que empece a notarse xa este ano nos consumos globais.
O alumeado público supón o 54% do gasto enerxético total do Concello.