O alcalde, César Poza, co novo axente da Policía Local.

A chegada de Javier Seoane encargarase, entre outros asuntos, da vixiancia urbanística e o control ambiental xunto con varios ciclos de charlas preventivas

Vilaboa recuperou desde hai varias semanas o servizo de Policía Local, do que carecía dende hai dous anos ao solicitar os dous axentes anteriores unha excedencia. A praza é agora de Javier Seoane, un axente veterano que chega a Vilaboa tras prestar 25 anos de servizo na comisaría da Policía Local de Vilagarcía, tempo suficiente para formarse en diferentes departamentos como a seguridade vial, atestados, tráfico e violencia de xénero. Unha experiencia da que sacarán proveito os veciños e veciñas de Vilaboa xa que Javier Seoane ten xa sobre a mesa un apretado calendario de actividades e charlas que arrancará nada máis pase a Semana Santa.

Ainda que o coche chegoulle hai tan so uns días, o novo axente xa adicou algunha xornada a inspeccionar o municipio e presentarse á veciñanza. “Estou encantado coa amabilidade da xente e a boa acollida que me prestan, polo menos de momento”. A Javier Seoane, Vilaboa non lle é allea. Seu pai era oriundo deste municipio donde ainda ten familia residindo e ese é un factor que lle fai sentirse moi cómodo na súa nova praza.

Polo de agora centrouse nas tarefas administrativas, pero na súa axenda está tamén a vixiancia urbanística, a notificación de requerimentos de limpeza de fincas e o control sobre os verquidos, ademáis do cumprimento das normas de tráfico. “Da academia saes con coñecementos, pero un policía faise na rúa, coa experiencia de tratar coa xente”, explica para asegurar que ante calquer conflicto ou infracción a primeira opción é sempre a diplomática para chegar a acordos pola vía do diálogo e evitar a xudicialización. Antes da sanción, información, insiste. “A xente responde en función de como lle plantexes as cousas; neste traballo hai que ter moita psicoloxía e un talante dialogante”, afirma, ainda que matiza que hai infraccións graves que son sancionables desde o primeiro momento como conducir ebrio ou baixo os efectos de sustancias tóxicas.

Javier Seoane afronta con ilusión esta nova etapa profesional e faino cunha premisa clara: “previr é máis eficiente que sancionar, e máis barato”, en alusión aos ciclos de charlas que ten programado levar a cabo en diferentes material e que en breve o levarán a Bértola e Figueiro a falar da nova lei de Tráfico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *