Entorno das Salinas do Ulló.

O alcalde, César Poza, retoma a segunda fase das Salinas e solicita que se
actualice unha intervención que conxugue protección e humanización

O alcalde de Vilaboa, César Poza, conta co compromiso de Costas para retomar un vello proxecto que actúe na zona das Salinas co obxeto de acometer unha segunda fase de actuación que poña aínda máis en valor este emblemático espazo natural. A idea leva máis de dez anos esquecida e a intención de César Poza é poñela de novo sobre a mesa de Costas para traballar na actualización dunha intervención que, mantendo a protección sobre o espazo, permita a súa humanización e dar máis cabida ás persoas neste entorno.

A idea xurdiu no transcurso dunha reunión do alcalde de Vilaboa co xefe do Servizo Provincial de Costas e que trasladou tamén ao Secretario de Estado de Medio Ambiente no que o tema principal era a redacción do anteproxecto do Paseo do Litoral, unha senda que unirá o Forno do Cal coas Salinas pola costa. “É un vello anhelo de Vilaboa e das súas xentes poder gozar no noso litoral, pero tamén será un activo turístico e un atractivo máis para o noso municipio”, explica César Poza.

O Concello negocia con Costas a redacción e execución dun proxecto moi ambicioso que se completaría en varias fases e que permitiría poñer en valor non so os recursos de inicio e remate da senda senón tamén os peiraos de San Andrés e Santa Cristina de Cobres, o Monte do Cabalo e outros recunchos de interese. “Os dous proxectos tiveron unha moi boa acollida por parte de Costas e confiamos en poder avanzar. Pola nosa parte trasladamos o total compromiso de poñer a disposición os terreos que sexan necesarios para acometer o Paseo do Litoral. Cremos no potencial turístico de Vilaboa e na importancia de recuperar o noso entorno e traballamos con outras administracións para sacar adiante estas iniciativas”, explica César Poza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *