Os permisos poden tramitarse ata hoxe no caso de San Xoán e ata o día 21 para os lumeiros de San Pedro

O Concello de Vilaboa autoriza este ano a realización das tradicionais fogueiras de San Xoán que só poderán realizarse no ámbito familiar e en terreos particulares, respectando a distancia social e utilizando mascarillas. Para os interesados en facelas para San Xoán o prazo para solicitar o permiso municipal remata hoxe día 15 de xuño, mentras que os que queiran facer a fogueira coincidindo con San Pedro poderán tramitalo ata o venres día 21. En calquera caso terán que ter
escasas dimensións, non superando o 1,5 metros de alto e 2 metros de diámetro.

Desde o Concello de Vilaboa convidan á veciñanza a disfrutar da noite de San Xoán con prudencia, xa que a ola de calor que se está a rexistrar estes día obriga a extremar as precaucións para evitar incendios. César Poza fai tamén un chamamento colectivo no sentido sanitario, solicitando aos veciños e veciñas que presten especial atención ao cumprimento das limitacións en canto a número de persoas que se poden reunir.

Polo momento o Concello de Vilaboa tramitou xa máis dunha ducia de permisos para as fogueiras de San Xoán.

En cumprimento da orde do 28 de maio con motivo da Covid-19 estarán prohibidas as fogueiras comunitarias, as situadas en terreos públicos e as organizadas polos establecementos hostaleiros coa finalidade de favorecer o disfrute dos seus clientes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *