Pequenos no campamento o pasado verán en Bueu.

O Concello de Vilaboa pon en marcha o seu programa de conciliación familiar para as vindeiras vacacións estivais, Vilaverán, que oferta actividades lúdico-formativas para rapaces con idades comprendidas entre os 3 e os 12 durantes os meses de verán.

As familias interesadas en beneficiarse desta iniciativa poderán formalizar a súa inscrición ate o día 28 do presente mes de xuño chamando ao número de teléfono 986 673 806 ou presencialmente na Casa de Cultura de Riomaior. Vilaverán ten un coste de 30 euros mensuais que as familias deberán aboar no momento do inicio das activades.

Os rapaces e rapazas participantes dividiranse en dous grupos atendendo a súa idade. Por un parte os nenos de entre 3 e 5 anos participarán nas actividades os martes e xoves en horario de 10.30 a 13.30 horas mentras que os de 6 a 12 anos o farán os luns e mércores no mesmo horario. En ambos casos o programa, que conta con 25 prazas para cada franxa de idade, desenvolverase nas instalacións do colexio de Riomaior. Trátase dunha actividade organizada co apoio das anpas do Toural, de Riomaior e do CRA de Vilaboa, coa colaboración de Teatro Migallas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *