Centro de saúde de Vilaboa.

O Concello considera un agravio aos centros do rural non sustituir as baixas por traslado ou vacacións xa que repercute na calidade do servizo á veciñanza

O Concello de Vilaboa amosa a súa «preocupación pola precarización da atención sanitaria no centro de saúde do municipio» xa que desde principios do presente mes de xuño non se cubre unha das catro prazas de médico de familia que quedou vacante.

O Concello de Vilaboa trasladará á director xerente da área sanitaria de Pontevedra a preocupación da veciñanza por esta situación, á vez que solicita o compromiso da Consellería de repoñer o servizo coa totalidade da plantilla durante todo o periodo estival, época elexida normalmente polo persoal sanitario fixo para disfrutar das súas vacacións.

Para César Poza é «inadmisible a posibilidade de que durante os meses de verán Sanidade condene á poboación de Vilaboa a ser atendida por tan so dous médicos polo que insta ao xerente da área sanitaria a cubrir a baixa por traslado rexistrada a principios de mes e a artellar unha planificación de sustitución das vacacións dos médicos en activo».

A crise sanitaria provocada pola Covid-19 está a xerar unha transformación global da nosa sociedade cunha incidencia especial na Atención Primaria, na que se consolidan os cambios implantados durante o pico da pandemia, baseados en limitar os accesos aos centros de saúde, transformando as consultas presenciais en telefónicas ou mesmo por correo electrónico. Situación que se agrava ao consolidarse tamén a precariedade do cadro de profesionais sanitarios e que é máis grave nos municipios con menor entidade poboacional, como é o caso de Vilaboa, no que os centros de saúde son o principal recurso sanitario dos veciños e veciñas pola súa proximidade.

César Poza, alcalde de Vilaboa, considera que «non cubrir as prazas vacantes de Atención Primaria, tanto por traslados como por vacacións, supón un duro castigo e unha discriminación para a poboación do rural» de aí que o rexedor municipal lle insista á Consellería na prioridade de manter intacto o cadro de persoal no centro de saúde.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *