Imaxe do estado que presentan os cemiterios municipais.

O portavoz do PP de Vilaboa, Alberto Acuña, denuncia o abandono dos cemiterios municipais por parte do goberno local. Asegura que presentan unha imaxe lamentable para os usuarios a causa do «descontrol» en que está sumido o executivo de César Poza.

Acuña lembra que «en varias ocasións pediu plans de actuación ou mantemento para todos os espazos municipais». «Xa que dispoñemos do persoal e temos a maquinaria necesaria, solicitamos que desde o goberno local se de a orde inmediata da adecuar os espazos públicos e os viais», opina.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *