Peirao de San Adrián donde terá lugar a festa.

Os restaurantes locais elaborarán este sábado produto cedido por confraría e bateeiros e as adegas da IXP Ribeiras do Morrazo doan o viño

O peirao de San Adrián de Cobres será este sábado o escenario dun ensaio xeral do que serán as Festas do Viño e do Mar o vindeiro ano. A actual situación sanitaria limita as opcións da administración local para organizar eventos que contribúan a dinamizar o sector turístico e hostaleiro de Vilaboa mais o Concello non renuncia a facelo e propón para este sábado un Serán de Viño e Mar que estará marinado coa música de Aires de Cobres e Sofia Espiñeira.

A xornada, que arrancará ás 19.30 horas, prantéxase como unha degustación dos produtos do mar donados pola Confraría de Pescadores Pedra de Oliveira de Vilaboa e as asociacións de bateeiros e depuradoras e elaborados polos restaurantes do municipio. As adegas da IXP Ribeiras do Morrazo e os colleiteiros particulares doan o viño.

Mesas e sillas respetando a distancia reglamentaria e con limitación de aforo permitirán ao público asistente degustar as ameixas á mariñeira que prepararán a tapería restaurante Casa Aurelia e o restaurante Mauro; os mexillóns escabechados elaborados por A Taberna de Antes, O Cañoto e A Casa de Rosa da Mazaroca; a empanada de mexillóns do restaurante Luis e da tapería parrillada Suso e a empanada de chocos que farán na Casa dos Druidas.

Socomgal, Ría Nosa, Cons de Udra e Mariscos Antón e Hijos SL, ademáis da Confraría de Pescadores, encargaranse de que a calidade do produto sorprenda a quenes se decidan a achegarse este sábado ao peirao de San Adrián.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, convida á veciñanza da contorna a participar nesta xornada de promoción e degustación que mestura produto do mar, viños e música e asegura que será unha “avanzadilla do que será o 2022, cando a recuperación da normalidade nos permita homenaxear como se merece aos produtos da terra e do mar de Vilaboa e poidamos organizar eventos lúdico-gastronómicos que funcionen como polos de atracción de turismo ao noso municipio”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *