Entorno das Salinas do Ulló.

A iniciativa pretende impulsar a hostalería, dar a coñecer a riqueza natural e histórica do municipio e converterse nunha alternativa de ocio para os visitantes

Como funciona un muiño de mareas, cal era a actividade na granxa das salinas ou cando deixou de funcionar e por que son algunhas das preguntas que se responderán nas visitas guiadas ás Salinas do Ulló que o Concello de Vilaboa organizará a partir do mes de agosto de luns a venres.

Para participar neste produto turístico que o Concello de Vilaboa oferta de xeito gratuito é necesario inscribirse a través do número de teléfono 986708215 ou do correo electrónico turismo@vilaboa.org onde o técnico de turismo lles facilitará as datas e horarios dispoñibles.

As Salinas son un Espazo Protexido pertencente á Red Natura 2000 e a visita incluirá un percorrido polo entorno, pola bancada das Salinas e os restos do muíño de mareas, un dos poucos existentes en Galicia, e a granxa das salinas. Haberá tamén unha parada para gozar da vista das illas Alvedosas e da Ría de Vigo. Pola súa riqueza natural e histórica, as Salinas do Ulló conforman unha paraxe excepcional por descobrer.

Esta iniciativa da Concellalía de Cultura e Turismo busca consolidar Vilaboa como destino turístico e ofrecer unha alternativa de ocio aos potenciais visitantes e a todos aquelles que escollen este municipio rural para disfrutar duns días de descanso xa que a ruta permitiralles adentrarse na historia do concello e gozar da beleza e singularidade do lugar.

O alcalde, César Poza, considera imprescindible a implicación do propio Concello para retomar a actividade turística e ao mesmo tempo apoiar a hostelería despois dos seus esforzos por manterse nas actuais circunstancias sanitarias e poder retomar a súa actividade tras unha longa espera.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *