O Concello de Vilaboa prevé a ampliación da Casa Consistorial coa construcción dun novo edificio na mesma parcela situada no Toural e que nunha segunda fase prevé a conexión co edifico actual e a reforma integral do mesmo, así como a humanización e mellora dos viarios de contorno e do espazo libre fronte ao Concello e a igrexa de San Martiño, na liña das actuacións promovidas pola Deputación de Pontevedra no Plan Ágora. Esta é a iniciativa que presentou o Concello á liña de axudas provinciais Reacpon, tras superar todos os trámites administrativos, aprobación do Estudo de Detalle e ter os informes sectoriais favorables.
O proxecto inclúe a construcción dun volume independente, destinado a acoller usos dotacionais como un salón de usos múltiples e unha sala polivalente complementaria para realizar actividades de formación, administrativas, reunións de persoal, etc., así como unha sala para arquivo municipal. Situarase na zona oeste da mesma parcela municipal nunha superficie de 1.497 metros cuadrados, entre a casa do Concello e a parcela contigua á Igrexa de San Martiño avanzando na xeración dunha centralidade municipal no Toural, totalmente respetuosa co contorno e que destaque o peto das ánimas como elemento singular.
“Concebimos este edificio como un espazo que resolva as carencias do actual e que inclúa usos complementarios de aseos, arquivo municipal, almacén e cuarto de instalacións necesarios pero que funcione de forma independente e en horario distinto”, apunta César Poza, alcalde de Vilaboa, que explica que o novo edificio terá que acoller temporalmente ao persoal do Concello mentres se realizan, na segunda fase de actuación futura, as obras de reforma integral do inmoble actual.
De cara ao futuro desenvolvemento residencial e industrial de Vilaboa, César Poza está convencido de que o primeiro paso a dar é esta ambiciosa iniciativa no Toural. “Queremos converter o actual aparcamento nun espazo libre, referente e de calidade, a modo de praza central desta área funcional do Concello, que o PXOM prevé potencia