O clube na recepción do premio.

O Concello felicita á entidade deportiva tras recibir o premio ao mellor equipo galego a nivel nacional en categoría Promoción na Gala do Piragüismo Galego

O Concello de Vilaboa felicita ao Club Náutico de Cobres pola súa excelente temporada que o fixo merecedor do premio ao mellor equipo galego a nivel nacional en categoría Promoción, que lle foi entregado o sábado polo presidente de la Federación Española, Javier Hernanz, no transcurso da Gala do Piragüismo celebrada en Vigo.

O alcalde, César Poza, trasladou á directiva da entidade deportiva o recoñecemento institucional á labor deportiva desenvolvida por un grupo de voluntarios que traballa para que os veciños e veciñas de Vilaboa, e os que non o son, poidan iniciarse neste deporte con actividades que ademais lles permitan conectar co medio natural e humano.

O Club Náutico de Cobres nace en 1983 para iniciar sobre todo aos rapaces e rapazas na práctica do piragüismo en Vilaboa e dende entón entrea alevíns, infantís, cadetes, xuvenís e cadetes que participar nas diferentes competicións organizadas tanto pola Federación Galega como polos clubs. “É un orgullo para todos nós que o Club Náutico de Cobres sitúe Vilaboa no mapa do piragüismo galego. Este premio demostra unha vez máis que a constancia e o traballo dan sempre bos resultados”, apunta César Poza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *