Mostra de todos os alimentos recaudados.

O Nadal Solidario dos catro centros educativos do municipio reúne kilos de alimentos que entregan á concelleira de Servizos Sociais para as familias sen recursos

Os centros educativos de Vilaboa volveron a unirse este ano para renovar o seu compromiso solidario coas familias máis desfavorecidas. Unha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros e aportacións económicas dos escolares dos catro colexios do municipio, coordinada polas directoras dos mesmos e máis pola ANPA, reuniu un bo lote de artigos de todo tipo así como 546 euros en
metálico.

Todo o recaudado recibido esta mañán no Concello pola concelleira de Servizos Sociais, María Canosa, que se encargará da súa distribución entre as familias que atende a administración local e que neste Nadal verán reforzada a atención das súas necesidades básicas coa de cheques que poderán canxear por alimentos frescos nos establecementos de alimentación do comercio local de Vilaboa.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, agradece esta iniciativa que desenvolven todos os anos os centros educativos do municipio xa que é un dos activos da educación en valores e “di moito en favor de que como traballa a comunidade educativa en Vilaboa, no rural, axudando aos rapaces e rapazas a ter unha visión ampla e global do mundo que os rodea”. O alcalde agradeceu tamén a sensibilidade das empresas que colaboraron con esta campaña

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *