O mural que se inaugurará esta noite.

A artista local Alba Troiteiro transforma as columnas da ponte da autopista en Riomaior nunha Madama e un Galán de 20 metros de alto por 5,5 de ancho

Vilaboa rende homenaxe este sábado ao Entroido, unha evento que conta na localidade co distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia e faraio da Asociación Cultural Cobres, encargada da organización do IV Encontro de Entroidos. Na explanada exterior da Casa de Cultura de Riomaior daranse cita Fulión e Boteiros de Viana do Bolo, os do Rancho de Entroido da Feira (Salceda de Caselas), as Bonitas de Sande (Cartelle), as Pitas de Eiroas (Ourense), Os Caretos de Lazarim (Portugal); as Madamas e Galáns de Cobres (Entroido anfitrión do evento) e os Veteranos do Entroido de Cobres.

Antes do inicio do Encontro presentaranse os dous murais feitos pola artista local Alba Troiteiro, escollida para plasmar nas columnas da autopista á altura de Riomaior a unha Madama e a un Galán. Ambas creacións artísticas teñen 20 metros de alto por 5,5 de ancho e Alba Troiteiro, cunha grúa como soporte, foille dando forma pouco a pouco nas últimas semanas coa interacción dos veciños de Vilaboa, que participaron directamente da evolución desta impresionante obra. “Trasladar o estudo a un espazo público foi unha experiencia increíble, moi satisfactoria. E unha das partes máis positivas foi participar das reaccións da xente, sobre todo dos cativos”. Alba Troitiño síntese afortunada por seren a elexida para a realización destes murais. “Encántame o entroido e coñezo perfectamente o de Vilaboa, tal vez por eso a estética da miña proposta convenceu á hora de escoller”.

O Concello de Vilaboa compartirá con toda a veciñanza o resultado deste traballo cun acto de presentación que contará coa presenza do alcalde e de representantes das asociacións do entroido local, así como da propia artista. O acto terá lugar sobre as 21 horas. Unha hora antes os grupos participantes no Encontro realizarán un pasarrúas ata chegar á Casa de Cultura de Riomaior, onde farán unha exhibición dos seus bailes e traxes tradicionais.

Trala presentación do Mural terá lugar un actuación do grupo Fentos do Burato, seguida dun concerto do grupo Dakidarría e será o DJ Gabry o encargado de pechar a festa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *