O alcalde de Vilaboa, César Poza, agradece a rápida solución á falla de praza para cursas os estudos de bacharelato dos rapaces de Vilaboa dada polo Xefatura Territorial de Vilaboa. O rexedor municipal remitira un escrito a Educación urxindo a resolución do problema e esta mañana o xefe territorial, César Pérez Ares trasladoulle a intención de Educación de crear un novo grupo no IES Soutomaior para dar cabida a todos os alumnos que solicitaron praza neste centro para cursar bacharelato. Unha solución similar ofertan aos estudantes que escolleron o IES Torrente Ballester para continuar coa súa formación ao rematar a ESO.
A falla dunha reunión na que se fixen os detalles desta solución, César Poza agradece o interese e a axilidade en solventar a situación amosada polo xefe territorial evitando que os estudantes teñan que esperar ata setembro para saber en que centro lles asignaban praza.
Ainda que o Concello de Vilaboa carece de competencias en materia de Educación foron varias as familias que nos últimos días trasladaron ao grupo de goberno a inquedanza que lles supón descoñecer en que centro poderán matricularse os seus fillos o vindeiro curso para realizar os estudos de bacharelato. A falla de prazas dispoñibles tanto no IES Torrente Ballester de Pontevedra como no IES Soutomaior fai que os rapaces e rapazas que comezan o bacharelato teñan que esperar ata setembro para saber que centro se lle asigna.
César Poza, ademáis de trasladarlle ao xefe territorial o seu agradecemento pola sensibilidade demostrada con este problema, recordoulle que a ensinanza no rural debe ser unha garantía, “non un obstáculo para unha educación superior de calidade”.