O BNG de Vilaboa denuncia «discriminación» aos alumnos de Vilaboa que acceden ao instituto e que ven obrigados a acudir a estudar aos concellos veciños de Pontevedra e Soutomaior. Os nacionalistas aseguran que a puntuación para o acceso polo lugar de residencia deixa en desigualdade de condicións aos mozos vilaboenses xa que, de entrada, non contan coa cualificación por empadroamento. Así, desde o BNG piden á Xunta que se equipare aos estudantes dos concellos veciños onde sitúanse os institutos, por exemplo, «creando unha zona referente para cada centro educativo en lugar de ser o Concello en que a persoa está empadroada».

Ademais, e para evitar esta discriminación que denuncian, a agrupación nacionalista pide a ampliación «inmediata» das instalacións do Instituto de Soutomaior, inaugurado en 2018, para que nela teña «cabida real» o alumnado de Vilaboa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *