Exterior de O Forno do Cal de Vilaboa.

Comezará cunha análise e catalogación dos atractivos existentes, propostas de recuperación e a búsqueda de alternativas non identificadas ata a data

Vilaboa está disposta a facer un oco no mapa turístico da contorna e que os seus activos integren a ampla oferta que conforma as Rías Baixas. A situación xeográfica do municipio, atravesado polo Camiño Xacobeo da Costa e polo Camiño Portugués, a cercanía a Vigo e Pontevedra, o espazo privilexiado da Ensenada de San Simón, o parque de Castiñeiras ou as Salinas do Ulló son atractivos merecentes de planificación para facer de Vilaboa un lugar capaz de atraer visitantes.

Así o pensa César Poza, alcalde de Vilaboa, que dentro das liñas de dinamización nas que está a traballar inclúe un programa turístico a curto, medio e longo prazo, incardinado nas estratexias de turismo de Rías Baixas, Turgalicia e demais organismos competentes na materia.

Deseñalo será tarefa do técnico de turismo recén incorporado á plantilla municipal a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra e que lle permitirá prestar os seus servizos ata o mes de decembro. O traballo comezará coa elaboración dunha Estratexia de Turismo cunha análise pormenorizada dos distintos puntos de atractivo turístico do concello; a identificación, descrición, localización e xeolocalización dos produtos turísticos existentes; a elaboración de propostas de recuperación e divulgación dos elementos de interese turístico localizados e a búsqueda de outros atractivos ou alternativas turísticas non identificadas ata a data e propostas de actuación.

Unha vez rematada a estratexia será preciso acometer un Plan de Acción que ordene, planifique e calendarice todas as actuacións a levar a cabo e que busque
financiamento para os investimentos necesarios a través das distintas liñas de axudas da Deputación, Xunta, goberno central e grupos de desenvolmento rural e litoral aos que pertence o Concello de Vilaboa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *