Solicitarán tamén a cargo dos Orzamentos para 2024 a reforma integral do CEIP Reibón, a mellora da seguridade vial na PO-313 e a construción dunha residencia para a tercera idade
As intensas choivas deste mes de outono puxeron aínda máis de manifesto a necesidade de renovar a cuberta do IES A Paralaia de Moaña. As pingueiras e as filtracións provocaron problemas importantes para o desenvolvemento da xornadas educativas obrigando a reestruturar o mobiliario para evitar que a auga caia sobre os alumnos. Esta situación afecta a tres aulas da segunda planta do edificio onde cursan ESO e outra onde se imparte o ciclo superior de automatización e robótica industrial. O inmoble principal, que foi construído fai catro décadas, conta cunhas bajantes que non son capaces de evacuar tanta auga e acaba desbordando.
En canto ao taller de metal anexo, de máis recente construción, tamén soporta importantes problemas nas xuntas e, por tanto, auga no chan que, en contacto coa maquinaria, supón un risco para os alumnos.
Ante esta situación, o PSdeG, a través da súa parlamentaria Leticia Gallego, xa rexistrou unha solicitude de emenda aos orzamentos da Xunta reclamando que o goberno local inclúa unha partida económica para 2024 que permita cambiar o tellado do instituto ao longo do ano que vén. Necesitaríase, como mínimo, 400.000 euros. Aínda que os socialistas non só reclaman para Moaña este investimento, tamén piden a reforma integral da cociña do CEIP Reibón do mesmo xeito que fixeron os socialistas o ano pasado. Isto, din, solucionaría o problema co cátering que sofren os alumnos dos centros na localidade. Tamén repiten desde 2021 emenda as melloras en seguridade viaria da PO-313 que desde hai varios anos urxen os veciños. Reclaman accións como a construción dunha senda peonil, pasos de peóns elevados, semáforos e paradas de autobús.
Leticia Gallego e Mario Rodríguez denunciaron o “abandono” por parte do goberno galego a esta localidade, logo de constatar que levan incluíndo nos Orzamentos vos mesmos proxectos dende hai anos, pero que nunca executan, como son a instalación dun atracada para embarcacións ou a mellora do peirao mexilloeiro.
Residencia pública para a terceira idade
Por último, desde o PSdeG pedirase á Xunta que constrúa en Moaña unha residencia para a terceira idade de xestión pública. «Non nos valen experimentos de ningún outro tipo», advertía o portavoz dos socialistas moañeses, Mario Rodríguez, que non propuxo unha localización máis «que sexa en Moaña». «Iso correspóndelle á Xunta», apostilou.