Manuel Uxío García Barreiro recibindo un detalle da Alcaldesa no día que foi nombrado Cronista Oficial de Moaña.

O Concello decretou loito oficial ata o luns

Falece aos 76 anos Manuel Uxío García Barreiro, primeiro Cronista Oficial do Concello de Moaña e firme investigación e defensor da historia do municipio, principalmente de San Martiño, á que dedicou gran parte do seu traballo e esforzo. Precisamente, e en recoñecemento de todo o seu labor como historiador local, o Concello concedeulle por aclamación o distintivo de Cronista Oficial nun pleno celebrado en xullo de 2021.

Manuel Uxío, que padecía unha longa enfermidade, deixounos, casualidades do destino, un día antes da celebración de San Martiño, a festa na que tanto participou e na que se implicou en todos os sentidos, tanto no festivo como tamén no cultural e histórico.

Desde que se coñeceu o seu falecemento esta tarde, membros do goberno local e representantes veciñais, ademais de moañeses e moañesas que seguían as súas investigacións, fixeron público o seu pesar en redes sociais.

Loito oficial ata o luns

O Concello de Moaña xa decretou loito oficial ata o luns, incluído, o que supoñerá a anulación de todas as actividades previstas para estes días e que estean organizadas polo consistorio. Tres días nos que as bandeiras tamén ondearán a medio mastro en sinal de duelo pola perda.

Condolencias do Concello

A través das súas redes sociais, o Concello trasdaou as súas condolencias á familia, amigos e coñecidos e lembrou a contribución e Uxío á historia de Moaña. «Manuel Uxío contribuíu co estudo da nosa historia e do noso patrimonio a enriquecer o coñecemento que temos sobre a orixe milenaria de Moaña, sobre as parroquias de Meira, de Tirán e de Moaña. O Cronista Oficial deixa unha gran pegada nesta humilde vila labrega e mariñeira, que sempre lle estará agradecida polo seu labor».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *