Traballos de soterramento da liña de fenosa no mercado de Cantodarea.

Esta problemática, que se detectou tras a adxudicación do propio traballo de retirada do inmoble, supuxo unha demora no proxecto, pero xa está a executarse e permitirá eliminar o antigo mercado no primeiro trimestre de 2023

Esta problemática, que se detectou tras a adxudicación do propio traballo de retirada do inmoble, supuxo unha demora no proxecto, pero xa está a executarse e permitirá eliminar o antigo mercado no primeiro trimestre de 2023.

A demolición do Mercado de Cantodarea é un proxecto que, a pesar de estar adxudicado, tivo que dilatar a súa posta en marcha debido á situación na que se atopaba a instalación de cables de electricidade e telefonía, así como á existencia dunha liña de media tensión. Tal e como explicou esta mañá o Concello, desde a adxudicación dos traballos propios de demolición do inmoble traballouse con distintas operadoras de telefonía e de electricidade para solventar a problemática do cableado da fachada, que xa está resolto.

Por outra banda, xestionouse con Unión Fenosa a retirada e o soterramento da liña de media tensión. Así a todo, finalmente coa firma decidiuse abordar o proxecto dunha maneira máis completa, renovando toda a infraestrutura e o cableado existente entre o Porto e a conexión co transformador que se ubica no propio edificio do antigo Mercado de Cantodarea. Desde o Concello explican que estes traballos xa están executándose nestes momentos por parte da compañía eléctrica. “Unha vez esté rematada esta actuación”, informan fontes municipais, “estaríamos en disposición de proceder á demolición do inmoble, esperando que isto suceda no primeiro trimestre do ano que vén”.

O antigo Mercado de Cantodarea, que data de 1964, é exemplo de feísmo neste barrio marinense, ao tratarse dunha construción medio derruida que, coa súa desaparición, permitirá mellorar a estética xeral do espazo. A construción deste edificio prantexouse para Mercado de Abastos e consta dunha planta de baixo rasante, unha planta baixa e outra alta. A estrutura está formada por muros de formigón e piares, con vigas de gran canto e lousas. A actuación, ademais da demolición, engloba a urbanización da parcela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *