As alumnas no curso esta mañá.

Unha vintena de mulleres comezaron este luns un taller de autoestima que organiza o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Bueu e a Asociación por Beluso (Asbel). Esta actividade é de balde e desenvolverase ademais o 23 e 30 de xaneiro, e o 6 de febreiro, e nela Beatriz Monroy, psicóloga do CIM, ofrecerá ferramentas para que as mulleres poidan exercer unha vida plena e valorar as propias capacidades.

O taller abordará cuestións como a definición da autoestima e a súa construción, exercicios para a confianza persoal, técnicas para descubrir os recursos persoais e afrontar os pensamentos negativos, así como a creación dun discurso sobre a propia valoración persoal. O obxectivo é que as participantes poidan modificar as súas debilidades e mellorar as súas fortalezas para lograr avances na súa vida persoal e profesional.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí