O Pesca 1 unha intervención.

A actuación dos particulares que se atopaban na zona foi clave para rescatar rapidamente á persoa accidentada

Un particular chamaba ao 112 Galicia esta tarde, preto das 16:00 horas, para informar dunha embarcación cun único tripulante que envorcou na ría de Vigo.

Rapidamente, desde o 112 comunicáronse os feitos ao persoal de Salvamento Marítimo, que comezou a planificar un posible rescate. O helicóptero Pesca-1 do Servizo de Gardacostas de Galicia, que estaba preparado para participar no operativo, non tivo que saír finalmente porque sería unha embarcación privada a que recollería á persoa accidentada e a trasladou, xunto co barco envorcado, ao porto de Vilaboa.

Tamén participaron a Garda Civil e os Voluntarios de Protección Civil de Soutomaior.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *