A escultura doada pola Deputación.

A obra, realizada por tres alumnos da Escola de Cantería, lembra aos seis falecidos no afundimento da embarcación no ano 1968

Un traballo da Escola de Cantería, centro dependente da Deputación de Pontevedra, homenaxeará ás vítimas do naufraxio do barco “Angel”, producido 0 9 de setembro de 1968 no Cabo Home. O monumento, tallado a petición da Comisión de Festas de Meira (Moaña) será inaugurado na noitiña deste xoves, 25 de agosto, no porto moañés durante os actos polo día do Carme. Aos actos asistirá a deputada provincial Noemí Outeda en representación da Deputación.

A escultura doada pola Administración provincial foi executada por tres alumnos da Escola de Cantería: Pablo Cernadas, Anxo Lijó e Ignacio Blasco. Está realizada en granito silvestre e conformada por unha base na que se asenta a proa dun barco composta por sete pezas, onde cada unha delas leva gravado o nome dos seis mariñeiros falecidos no naufraxio: José Costa E., José Costa F., Manuel Costa, Daniel Pérez, Victoriano del Río e Eugenio Rodríguez.

Amais, na parte inferior, conta cunha peza na que se fai unha breve descrición deste feito e unha áncora que acompaña a todo o conxunto da escultura. As dimensións do monumento son 1,8 metros de altura e 1,30 metros de anchura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *