O vehículo na leira.
O vehículo na leira.

Un persoa caeu co seu vehículo por un pequeno terraplén tras saírse da estrada EP-1103, que une San Benito co colexio de Domaio, á altura de Verdeal, e despois deuse á fuga deixando o coche no lugar. A Policía Local acudiu ao lugar e, aínda que identificou o propietario do vehículo, polo momento non puido determinar quen o conducía. A Garda Civil, como responsable desta estrada, fíxose cargo do caso e atópase investigando os feitos. Afortunadamente non houbo que lamentar feridos nin danos de gravidade.

Doutra banda, un mozo de 18 anos tamén foi atropelado o luns cando cruzaba o paso de peóns situado ao comezo da Avenida de Cangas, na rotonda do Portal do Almacén. Resultou ferido leve. O condutor do coche que o arroiou, que ía a pouca velocidade en dirección Cangas, asegura que non o viu.

O vehículo do atropelo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *