Residuos voluminosos encontrados no municipio de Vilaboa.

O Concello de Vilaboa acaba de recibir unha achega de 11.658,33 euros da Deputación Provincial, a través da liña 2 do Plan Concellos 2021 para financiar parte do gasto corrente derivado do tratamento dos residuos sólidos urbáns. Esta subvención provincial permitirá ao Concello de Vilaboa manter a súa decidida aposta pola reciclaxe e a compostaxe con accións concretas que permitan tanto un procedemento axeitado dos residuos como a concienciación da veciñanza na importancia da separación dos mesmos.

Esta nova aportación que chega ás arcas municipais procedente da Deputación complementa o investimento que o Concello realizará en coidado do medio ambiente a través do Plan Revitaliza que polo momento xa permitiu ao Concello mercar dous camións para renovar o parque móbil local e acometer o Plan de Compostaxe, con obras no Monte do Cabalo que xa están avanzadas e a adquisición de 20 composteiros. O alcalde de Vilaboa, César Poza, considera prioritario desenvolver iniciativas constantes de coidado  natural e de atención á reciclaxe, sobre todo en municipios rurais nos que o medio ambiente é un activo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *